#ReciclaNaCasa

Aquí podes atopar máis información para separar perfectamente todos os residuos que xeres na casa.

Guía visual para separar os teus residuos

Preparamos unha guía para que graficamente saibas como separar todos os teus residuos e te convertas nunha persoa experta en reciclaxe.

Descargar guía

Consellos e boas prácticas para separar os teus residuos

  • Baleira completamente os envases para facilitar a súa reciclaxe.
  • Non separes as tapas e tapóns de plástico dos envases de plástico.
  • Separa os tapóns e tapas de metal e plástico dos envases de vidro.
  • Retira as etiquetas dos teus envases só se son de materiais diferentes e se se quitan con facilidade.
  • Prega as caixas de cartón para que ocupen menos espazo.
  • Corta a materia orgánica de gran tamaño (óso de xamón, casca de sandía...) para reducir o seu tamaño.
  • Non gardes as pilas gastadas en lugares húmidos, expostos á calor ou durante moito tempo.
  • Non tires restos de comida (allos, pan relado...) xunto ao aceite vexetal usado.
  • Calquera medicamento usado ou caducado debe levarse ao punto SIGRE da túa farmacia.