Bases e condicións

ReciclaYa é un servizo dixital e aplicación móbil de Carrefour España que permite aos seus clientes saber como separar e reciclar os envases de destacadas marcas. Para promover o seu uso e incentivar a reciclaxe, as accións que realiza o usuario en ReciclaYa outorgan puntos que poden ser cambiados por recompensas.

A equivalencia entre puntos e recompensas non é estable no tempo, e pode ser cambiada en calquera momento sen previo aviso. Ademais, as recompensas poden cambiar de tipoloxía, e poden non ser monetarias.

As recompensas poden ser desactivadas en calquera momento sen previo aviso, e o usuario non poderá reclamar cambio ningún polos puntos que conseguise anteriormente.

Carrefour e ReciclaYa resérvanse o dereito de outorgar unha caducidade aos puntos xa outorgados. O usuario non poderá reclamar nada no caso de que os seus puntos caduquen.

O uso da app por parte dos usuarios debe estar relacionado coa súa actividade como socios do Club Carrefour. Carrefour e ReciclaYa resérvanse o dereito de inhabilitar ou anular contas de usuario se se detecta un uso inadecuado ou fraudulento, por exemplo a inclusión de tíckets de compra alleos.

O feito de rexistrarse en ReciclaYa implica que se aceptan expresamente estas bases e condicións.